Debes estar rexistrado/a na plataforma Prestogal para acceder a esta sección

O Prestogal veciñanza é unha plataforma web para prestar, intercambiar ou ceder recursos entre os veciños e veciñas da cidade.

Obxectos que usas pouco ou que xa non usas pero que aínda teñen vida útil, poden ser subidos ao Prestogal para poñer a disposición doutras persoas.

Esta plataforma web xestiónase a través das asociacións veciñais, co obxecto de que cada asociación se responsabilice da captación e alta da veciñanza e do bo uso da plataforma.

Ademais, os Servizos Sociais do concello teñen acceso á plataforma para que as persoas máis necesitadas que non teñen acceso a Internet nin a asociacións, tamén podan acceder aos recursos coa axuda do persoal de Servizos Sociais que actuará de intermediario.

O Prestogal é, en definitiva, unha ferramenta que reduce o consumismo, fortalece o tecido asociativo e promove a solidariedade entre os veciños e veciñas da cidade.

RECURSOS PRESTOGAL